Vaia sorpresa o primeiro día de clase!!
MAZÁS, TOMATES E.... UNHA CABAZA!
Tralo verán tocounos poñernos mans a obra e arrincar todas as malas herbas que brotaron tralos meses de verán. Foi un traballo de varias semanas nas que arrincamos coas mans e coa axuda do sacho moita maleza.
Todo este curso estivemos a traballar ao redor deste proxecto no que comprendimos a importancia da unión das tres saúdes para o benestar xeral do noso planeta.
Pinchando no enlace pódese acceder a todo o traballo ao redor do mesmo ao longo do curso
BN3: Saúde humana-animal-medioambiental
Este luns desfrutamos dunha poesía de flores extraída do Libro “Caderno de Fume” de Antonio García Teijeiro e despois realizamos un obradoiro de flores no cal fixemos o noso propio marco de flores.
As nosas leitugas xa están fermosas, listas para degustar!
Hoxe nas aulas recollemos leitugas e aproveitamos para facer unha deliciosa receita, “Roliños de leituga “
Nestes días adquirimos uns novos meceteiros para aumentar a nosa horta
Neste decidimos plantar máis fresas