viernes, 20 de marzo de 2020

Proxectos con moito amor

As familias non deixades de sorprendernos. Quen dixo que dende a casa non podiamos traballar o tema medioambiental e estar en contacto coa natureza?

Anxo preparou este precioso espantallo empregando o modelo proporcionado pola Bibliobn e Aria está comezando un pequeno invernadoiro no que agromarán pementos, tomates e cogombros.



Grazas por compartilo! Se tes algunha idea chula que cres que podamos desenvolver, envíanola aos correos das aulas, estaremos encantadas de lervos!

1 comentario: