martes, 17 de marzo de 2020

Psicomotricidade de refugallo!

A actividade física é fundamental para garantir un bo funcionamento do sistema inmune e un bo estado anímico. Estar na casa non impide que nos podamos mover.

Recomendámosvos algunhas actividades que conlevan movemento e que se poden levar a cabo con elementos comúns en todas as casas, xa sabedes que nos encanta o refugallo e darlle unha segunda vida a obxectos cotiás.

Recomendámosvos xogar entre varias persoas para que a experiencia sexa máis gratificante e sempre baixo a supervisión dunha persoa adulta que garanta en todo momento a seguridade.


1 comentario: