domingo, 25 de octubre de 2020

ACHEGAS DAS FAMILIAS DA AULA ROSA

GRAZAS AS VOSAS FOTOS, MAPAS, AUDIOS... NA AULA ROSA ESTIVEMOS A FALAR DA TORRE E DO CAMIÑO QUE PASA POR ELA, O CAMIÑO INGLÉS.
LEIRE, CA SÚA IRMÁ AINARA VISITOU A TORRE DE HÉRCULES, O FARO ROMANO MÁIS ANTIGO EN FUNCIONAMENTO, FALAMOS DO SEU USO, QUE FOI DECLARADO PATRIMONIO DA HUMANIDADE...



ENMA VISITOU A TORRE E COA SÚA IRMÁ IRIA. MANDARON UN VÍDEO EXPLICANDO O CAMIÑO INGLÉS E AS SÚAS ETAPAS.



KEVIN E ARIA TAMÉN VISITARON A TORRE E OS DOUS CONTARON A LENDA DE XERIÓN DA TORRE DE HÉRCULES.



ANXO TAMÉN VISITOU A TORRE E A ROSA DOS VENTOS E TAMÉN NOLO CONTOU. OUTRO DÍA VISITARAA TAMÉN POR DENTRO E SUBIRÁ ATA O FARO.



POR ÚLTIMO AINHOA VISITOU SANTIAGO DE COMPOSTELA E A SÚA CATEDRAL QUE AÍNDA ESTAMOS POR DESCUBRIR


GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA VOSA IMPLICACIÓN!!!
ESTO FAI QUE O TRABALLO SEXA MOITO MÁIS MOTIVADOR E SIGNIFICATIVO.
SEGUIMOS INVESTIGANDO!!

1 comentario: