O pasado martes, nada máis entrar na escola, atopámonos na entrada co que nos pareceu un montón de accesorios e útiles de campismo.
Unha vez na aula recibimos a chamada das dúas peregrinas que nos preguntaron se atopáramos a resposta ao reto anterior "onde empeza o noso camiño?". Nós, despois de investigar durante toda a semana nas aulas e na casa, respostamos que o camiño comeza na Coruña, vai ate Santiago de Compostela e que se chama Camiño Inglés.
Como recompensa pola nosa investigación, déronnos a cada un/ha unha credencial auténtica co primeiro selo do noso camiño, o da Torre de Hércules! (Isto foi posible grazas á amable e altruista colaboración da Asociación Galega de Amigos do Camiño )
A continuación, as peregrinas preguntáronnos se nos fixáramos no que nos deixaran na entrada e pedíronnos que prestásemos atención ás súas vestimentas e accesorios, os da unha moi modernos e os da outra moi antigos. Entón lanzáronnos o seguinte reto de investigación: "que precisamos para facer o camiño?
Para iso deixáronnos varias pistas dentro dos baúis das aulas, o calendario deste mes coas imaxes dunha peregrina moderna e outra antiga, libros de consulta e novos bits de vocabulario bilingüe feitos coa app TinyTap.
Por último, volvemos cantar e bailar o HIT deste curso "Somos peregríns".
Para ver todo o acontecido clica no vídeo:
s4JMgo http://pills2sale.com/ viagra online
ResponderEliminar