Achégase o día da Paz e en Barrionovo gústanos contextualizar todo o que facemos.
O Camiño de Santiago simboliza para moitas persoas a procura da paz interior, a procura do equilibrio interno a pesar das pedras que nos podan aparecer no Camiño.
Como metáfora, estes días nas aulas estamos a traballar cun concepto artístico que apareceu nos Bits 5, o "Stone Balancing" ou equilibrio con pedras, un tipo de land art.
Falamos desta disciplina, da posibilidade de atopar armonía a través da súa práctica mais tamén da necesidade de devolver as pedras, unha vez empregadas, ao seu lugar de orixe para non alterar os ecosistemas e, por suposto, de non empregar pedras de monumentos ou restos arqueolóxicos.
Aquí podedes ver algúns exemplos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario