viernes, 26 de febrero de 2021

3 ANOS: INVESTIGAMOS, DECIDIMOS E ACTUAMOS

 Os nenos e nenas de tres anos vimos de ampliar o horto da escola. Para iso seguimos un completo proceso de investigación, reflexión, votación e acción.

En primeiro lugar documentámonos en libros arredor das plantas que poderíamos poñer no noso horto.


A continuación levamos a cabo unha votación para ver que alimento nos gustaría ter na escola. Escollimos o amorodo.


Despois debuxamos.


Por último puxémonos mans á obra limpando os bancais.


Plantando as plantiñas.


E regando.


Os nosos compañeiros e compañeiras da aula laranxa coidan tamén no tempo de lecer de que non lles medren malas herbas e de que non lles falte auga! Traballo en equipo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario