Este venres celebramos o día da paz e non violencia a través do atelier creativo "Pedras no Camiño" no que procuramos o equilibrio a pesar das pedras que van aparecendo ao noso paso.
(Ao fondo representación da Catedral segundo o alumnado de 4 anos empregando as pezas LUPO).
Ao longo de toda a semana os nenos e nenas puideron construír o seu propio camiño no Espazo Fedelleiro, axudándose entre eles/as e levando a cabo a técnica de mindfulness "Stone-balancing".
Despois, no patio puidemos gozar do novo HIT inédito das Pink and Blues Teachers, composto e interpretado especialmente para a ocasión "O Rock do camiño"
Pedras no camiño from biblio BN on Vimeo.
Rock do camiño from biblio BN on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario