jueves, 11 de febrero de 2021

Repensando o patio II

Despois de analizar o patio que temos, os nenos e nenas de 4 anos reflexionamos sobre o patio que nos gustaría ter.

Así, despois de ver moitas imaxes de patios escolares diferentes ao noso, determinamos aqueles elementos que nos gustaría incluír na nosa escola e aqueles que non e fómolos rexistrando a medida que saían ideas na pantalla dixital.

Despois deste traballo, observamos un plano da escola e identificamos as súas partes, os elementos xa existentes, situámonos nel.

Por último imaxinamos onde nos gustaría ubicar todos os novos recursos que cremos son imprescindibles para o noso propio desenvolvemento psicomotriz. Así imaxinamos o noso patio.


Este foi o resultado dunha primeira aproximación gráfica. Falta falar c@s expert@s de LUPO para ver se é técnicamente realizable e facer os nosos axustes.


Seguiremos traballando nisto!



No hay comentarios:

Publicar un comentario