jueves, 21 de octubre de 2021

FACEMOS TRAMPAS PARAS AS AVESPAS

No noso limoeiro do patio, unha mañá vimos algunhas avespas voando ao seu redor. A partir dese intre, xurdiu dos nenos e nenas maiores da escola, elaborar trampas pra colgar na árbore. 

Na sesión de horto de hoxe, a ecopatrulla de 5 anos preguntou que comen as velutinas, e por qué na tele din que son "malas". Despois dun pequeno traballo de investigación na rede e de resolver as dúbidas puxémonos mans a obra.

Non sabíamos que necesitabamos para facer a trampa, así que nos axudamos dun vídeo de Youtube e fomos seguindo os pasos indicados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario