miércoles, 27 de octubre de 2021

#barrionautasEastronovos: AINHOA E O SOL

Os nosos Barrionautas están a investigar coas súas familias cousas relacionadas co espazo. Ainhoa, fixo unha investigación sobre o sol que explicou aos compañeir@s de aula. Despois de ampliar información cos libros informativos da biblioteca, elaboramos o noso sol cunha lámpara de papel, esponxas e témperas de cores, que colgaremos na aula para representar todo o sistema solar.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario