viernes, 29 de octubre de 2021

SAMAÍN 2021: ARTE, CABAZAS E LITERATURA

Este samaín decidimos traballalo a través da arte, en concreto, a través dunha artista xaponesa chamada Yayoi Kusama.
Partimos do conto "Yayoi Kusama: De aquí al infinito", para coñecer máis acerca da vida desta artista e das súas obras. Logo, fixemos unha intervención con círculos na galería do patio, e así de bonita quedou:


Logo tiñamos a misión de decorar as nosas cabazas ao estilo "Kusama", aproveitando o espazo exterior da escola e o bo tempo desta semana.




As familias colaboraron na elaboración de desfraces para a celebración do samaín, evitando a utilización de plástico e avogando polo emprego de teas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario