jueves, 27 de enero de 2022

TRABALLANDO COA APP "PlantNet"

Investigar os nomes das prantas que forman parte do horto e do patio foi o obxectivo da sesión de hoxe. Aproveitando que son os maiores da escola, cada pequenx manexou a APP PlantNet de xeito autónomo, fedellando, probando e comprobando. Se queredes podedes descargala no voso dispositivo móbil e cando vaiades de paseo consultar o nome de árbores, follas ou flores que lle chamen a atención.

No hay comentarios:

Publicar un comentario