Despois de visitar Marte, a nave espacial de 3 anos aterrou en Xúpiter. Primeiro, recopilamos información sobre el, e descubrimos que neste planeta hai unha gran mancha vermella, que está chea de tormentas e que case é tan grande como o tamaño da terra.
Para non olvidarnos desta característica de Xúpiter, na asemblea o rato Paco, deixounos dúas botellas recicladas, unha con auga e outra vacía, e dous tapóns furados. Como seríamos capaces de recrear o devandito tornado con estes obxectos? Pouco a pouco descubrimos que para que haxa un tornado, debe de facer moito vento, polo que temos que recrear o vento en movementos circulares coas botellas e... xa temos un gran tornado creado por nós no cole!
No hay comentarios:
Publicar un comentario