A pasada semana apareceron nas aulas uns cubos. Fixándonos ben neles, puidemos descubrir de que se trataban: uns cubos nos que depositar os restos orgánicos das merendas. Pensamos e investigamos que cousas podíamos tirar ou non nel, ata que descubrimos que algunhas opcións que podemos compostar son a pel da laranxa ou mandarina, a monda do plátano, o rabiño da fresa… pero non podemos os bebibles de plástico ou o papel das galletas.
Os nenos e nenas de 5 anos elaboraron un cartel clarificador no que os pequenos se poden apoiar sempre que dubiden.
O obxectivo… conseguir moito compost para poder aboar as nosas plantacións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario