jueves, 1 de octubre de 2020

Preparando o noso recunchiño verde

Despois de tantos meses sen vir ao cole, entre confinamento e vacacións de verán, cando chegamos en setembro máis ca un horto, atopámonos cunha selva amazónica no medio do noso patio en plena Pastoriza.

Pensamos en chamar a unha brigada de especialistas para que nolo limpasen de cara a poder gozar do noso recunchiño verde cando saímos ao patio mais cando nos decatamos, os nosos maiores, os nenos e nenas da aula laranxa, xunto coas súas marabillosas mestras xa tiñan o asunto baixo control: Puxéranse mans á obra e pouco a pouco foran limpando de malas herbas o xardín.



Agora só resta rematar de remexer a terra e botar semente de céspede para que prenda, plantar flores e herbas aromáticas. As leitugas veremos onde van este curso.

Nunca se debe subestimar a un nen@ de 5 anos motivado co poder da imaxinación e do cariño.

Se @s queredes ver en acción, non vos perdades o vídeo que preparou a aula laranxa clicando na seguinte ligazón:
http://barriolaranxa.blogspot.com/2020/10/primera-visita-al-huerto.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario