As profes Katrina e Lara, tocaron e cantaron unha animada canción de composición propia, na que nos daban pistas do camiño que percorreremos durante este ano.
Ao final, lanzáronnos un reto, descubrir en que lugar empeza o noso camiño e para iso nos deixáronnos un par de pistas nos cofres das nosas aulas.
Podedes ver todo o que ocurriu clicando no seguinte vídeo:
E ademais deixámosvos a canción completa aquí para que a podades cantar e bailar na casa!
A vindeira semana reunirémonos tod@s de novo telemáticamente para resolver este reto e descubrir o seguinte. Seguide atent@s!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario