jueves, 26 de noviembre de 2020

RETO 3: COMO SE FAI O CAMIÑO


Esta semana tivemos un encontro na rede con dous peregríns. Nel resolvemos o Reto 2, no que as aulas puxemos en común as nosas pesquisas sobre que é o que precisa un peregrín para facer o Camiño. Grazas a isto, puidemos obter un novo selo para a nosa Credencial.


Ademais, os peregríns propuxéronnos o Reto 3: de que formas se pode facer o Camiño. Para iso deixáronnos unhas pistas nos baúis da aula, imaxes duns pictogramas que aparecen nas nosas Credenciais, e un montón de lixo que entendemos foron deixando os peregríns ao seu paso.

Tamén tíñannos preparada unha sorpresa no patio: Un circuito onde percorrer as diferentes etapas do Camiño nas diversas modalidades que se pode facer: A pé, en bici, en cadeira de rodas, a cabalo, e en barco, no noso caso no veleiro verde que recolle o lixo do mar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario