A semana pasada, a profe Lucía trouxo moitos allos á clase.
Tocámolos, ulímolos e debullamos os seus dentes.
Despois ensartámolos en pauíños e metémolos en auga.
Por último deixámolos colocados en auga como vedes nas fotografías, ao sol.
A mestra explicounos que "os pinchiños" chámanse raíces e é por onde a plantiña toma a auga e mais os nutrintes que, xunto co sol e osíxeno que collerá cando lle medren as follas, serviranlle para fabricar o seu propio alimento.
Para finalizar observamos, medimos e anotamos nunha folla de rexistro toda a información recopilada ate o momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario