miércoles, 24 de marzo de 2021

Encontros BN na rede: Entrevista cunha peregrina

Unha entrevista moi significativa na que os nenos e nenas demostraron o aprendido durante este trimestre sobre o CAMIÑO FRANCÉS e onde puideron solventar algunha que outra dúbida. 




PAULA, familar de Andrea, realizou o Camiño Francés tres veces comezando sempre en Pedrafita.

Algunhas das preguntas e respostas máis interesantes: 
-Gustouche facelo?: Si, moito, e quero volvelo a facer unha cuarta vez. 

 - Había moita xente?: Si, o camiño de Santiago faino moita xente de outros lugares, e coñeces a un montón de xente. Eu coñecín persoas do País Vasco, Andalucía, Cuba... 

 - Como fixeches o Camiño?: As tres veces o fixen andando. -Probaches algunha comida típica?: Nos restaurantes sempre había o " Menú do peregrín", que normalmente tiña Caldo Galego de primeiro prato, e tarta de Santiago de postre. 

 - Cansábaste? Camiñabas moito?: Un pouco si que cansas. Hai que madrugar moito. Levantábame as 6 da mañá e camiñamos ata a hora de xantar. Máis ou menos 20 km cada día. Pola tarde descansabamos e paseabamos polas vilas. 

 -Cal foi o sitio que máis che gustou?: O sitio máis bonito foi RIBADISO, onde no albergue había cuadras de cabalo, e durmín mirando as estrelas metida no saco. 

-Viches fitos?: Si, todo o camiño está cheo de sinais que indican por onde seguir, coa frecha amarela. 

- Subiches moitas escaleiras?: Si nalgún sitio hai que subir escaleiras, 

-Sería na escalinata de Portomarín? Pode ser , si tes razón. 

 -Viches as Pallozas no Cebreiro: Si, ademáis alí moitas das antigas pallozas agora son tendas. 

 -Había moitas costas? Si, moitas. Pero o peor non é subilas. É baixalas. Eu manqueime nos xeonllos nas baixadas. 

 -Que cousas levabas na mochila?: Uns tenis, o saco, roupa...e o finalizar cada etapa limpabamos os pés con alcol de Romero. 

- Como te sentiches ao ver a Catedral?: Moi emocionada. Pero o momento máis bonito para os peregríns é cando se chega ao Monte do Gozo. Alí todo o sufrimento do Camiño, ten a súa recompensa.



 Ademáis amosounos unha chea das súas fotos...




GRAZAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario