lunes, 15 de noviembre de 2021

EXPERIMENTO: AREA LUNAR E CRÁTERES

Na aula laranxa andan estes días aprendendo moito en relación á lúa. Para saber como é a súa superficie, Paco, a mascota da aula, propúxolles aos nenos un experimento, para o que necesitaban:

- 8 vasos de fariña.

- 1 vaso de aceite corporal de bebé.

- canicas (para poder lanzar e facer a forma de cráter)

- ganas de querer estampar a propia pegada.

Logo, a area lunar feita na aula, pasou a formar parte da mesa de experimentación con elementos do espazo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario