Un dos novos retos para o deseño e renaturalización do noso novo patio é investigar ao redor das árbores da nosa parroquia.
A celebración do Magosto levounos a falar das castañas e da súa árbore, o castiñeiro. Pero... coma poderiamos ter un? E se plantamos unha castaña?
Buscando información para que a xerminación fora exitosa, topamos este video e seguimos os seus consellos.
Agora só queda ter paciencia e ver se chegaremos a ter un castaño que poidamos plantar no noso novo patio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario