Seguimos co noso proceso de traballo #Barrionovoquerepationovo, e comezamos a traballar acerca de cómo queremos que sexa o pequeno bosque que imos ter no noso futuro patio. Para isto, pedimos ás familias que aporten unha folla que atopen no seu contorno próximo. Coa APP Pl@ntNet, os nenos e nenas farán unha foto, e a propia APP daranos información sobre ela:
- cal é o nome da súa árbore.
- que froitos dá.
- como é a súa flor, se a ten.
- como é a súa corteza.
Ademais, investigamos se é especie autóctona, invasora...
Con toda a información, comezamos a debatir qué arbore queremos que forme parte do noso patio...
No hay comentarios:
Publicar un comentario