lunes, 13 de diciembre de 2021

REPENSANDO O NOSO PATIO II

Seguimos repensando a reforma do noso patio. Estes últimos dous meses estivemos facendo un traballo de investigación sobre que árbore nos gustaría prantar no noso patio novo. 

Para comezalo, os nenos e nenas fixeron unha recolección de follas do contorno próximo e trouxéronas ao cole. Con APP PlantNet descubrimos de qué árbore é a folla, e comezamos a debater e preguntarnos se nos gustaría ou non prantar, e por qué. 

Diferentes cores, formas, tamaños... que nos chaman a atención e despertan a nosa curiosidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario