viernes, 22 de abril de 2022

DESEÑANDO O NOVO HORTO BN

Esta semana comunicamos aos nenos e nenas unha nova relacionada co noso horto: a próxima semana chegará un pedido realizado co diñeiro de VOZ NATURA 21/22, para prantar o noso horto. Pero xurdíanos unha pregunta... que imos prantar? A idea era facer unha prantación creativa, pero aos nenos e nenas de 5 anos xurdiulles unha dúbida: "Se prantamos todo o horto... quedámonos sen sitio para buscar bechiños e xogar coa terra no tempo de patio?"

Entón comezamos a pensar ideas sobre como solucionar isto, ata que a varios peques se lles ocorreu dividir a zona de horto: nunha metade prantar e na outra metade deixala para zona de lecer libre.

Con lapis e papel cada neno/a deseñou o seu horto ideal, e aquí podedes ver unha pequena mostra de como se desarrollou a sesión e os resultados finais do alumnado de 5 anos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario