martes, 26 de abril de 2022

#barrionautasEastronovos: Os aneis de Saturno

Os nenos e nenas de 3 anos están investigando moitas cousas sobre o planeta Saturno, e descubriron que os aneis de Saturno están formados por roca. 

A sorpresa foi que o rato Paco lles deixou no baúl da clase pedras conxeladas deste planeta, no que fai moito frío.

Os peques estiveron a pensar de que maneira se poderían desconxelar estas rocas. Algúns pensaron que a mellor idea era levalas ao planeta Venus, xa que é o máis caloroso, e outros ocorréuselles a idea de usar auga quente que utilizamos para lavar as mans. 

Despois da exploración, puidemos levar unha roca de Saturno para as nosas casas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario