Esta semana aconteceu algo incrible na aula rosa: o descubrimento dun nido con paxariños. Tralo descubrimento chegou a observación: como son, como se chaman, que coidados precisan… Os nenos e nenas de 5 anos escribiron un cartel moi importante para o seu coidado e conservación: “NO CERRAR LA PERSIANA. TENEMOS UN NIDO”.
Para seguir pescudando, un poema de Manuel María titulado “Lavandeira” sorprendeunos neste martes de poesía express. Nel, o poeta galego descríbenos como é o seu camiñar, de que cor é a sua plumaxe e por que…
Despois de escoitar o poema, os nenos e nenas de 3 e 4 anos, acudiron á fiestra da aula rosa para poder ver o nido, e tamén pudieron ver á mamá lavandeira dando de comer aos seus paxariños. Logo, tiñan a misión de debuxar de éxito individual unha lavandeira, e aquí están algúns dos debuxos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario